idioma: |

ÁREA CENTRAL APÚNTASE Á CAMPAÑA DO “MES DO CONXELADO”

Santiago 14 de Marzo de 2007.Área Central acollerá este xoves 15 e venres 16 a campaña de ámbito nacional “O mes do conxelado” que, durante todo marzo, pretende destacar o sabor saudable destes produtos e ensinará a sacarlles o máximo partido á hora de cociñalos. Deste xeito, instalarase no cuadrante azul do complexo comercial unha carpa, onde se ofrecerá información sobre os alimentos conxelados envasados a través de folletos e un vídeo, para dar a coñecer aos seus consumidores os beneficios e calidades destes produtos.
Ademais, quen o desexe poderá inscribirse nun curso de cociña gratuito, cunha parte teórica e outra práctica, a cargo do equipo do cociñeiro Mario Sandoval, no que se realizarán demostracións de como preparar exquisitos menús con produtos conxelados envasados.


area central centro comercial 2007