idioma: |

OS NENOS ACHEGARANSE AO MUNDO DO CIRCO EN ÁREA CENTRAL

Santiago 19 de Marzo de 2007.Área Central ten preparada para o sábado 24 unha tarde especial na que os rapaces poderanse achegar e coñecer máis polo miúdo o mundo do circo. A partir das 18.00 horas, a esquina verde da planta primeira acollerá uns obradoiros infantís nos que os nenos poderán elaborar coas súas mans unhas bolas a partir de arroz e globos, coas que poderán facer malabares. Ademais uns monitores encargaranse de caracterizar aos nenos como verdadeiros paiasos do circo, con maquillaxe e outros complementos.

Todas as actividades de marzo en Área Central poden consultarse na programación mensual.




area central centro comercial 2007