![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
AREA CENTRAL ORGANIZA A II FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGOSantiago 26 de Marzo de 2007.Os vindeiros días 30, 31 de marzo e 1 abril Área Central acollerá a segunda edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, na que as editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra exporán as súas últimas novidades, ademais de organizarse outras actividades ao longo destes tres días, ao gusto de todos os rapaces. En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consorcio Editorial Galego e as editoriais mencionadas, ao longo destes tres días Área Central convertirase na sede das letras galegas dirixidas aos máis pequenos, con este evento que se enmarca dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora o 2 de abril. O programa desta segunda edición caracterízase por un maior número e variedade de actividades, entre as que destacan presentacións de libros, obradoiros de animación á ilustración e contacontos. Como novidade, cabe destacar un espectáculo de monicreques confeccionados con utensilios de cociña, previsto para a tarde do domingo. Velaquí o programa desta segunda edición da Feira do
Libro Infantil e Xuvenil Galego: 12:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros. 18:00 h. Inauguración oficial da feira por parte de personalidades das distintas administracións, representantes das editoriais e de Area Central. 18:10 h. Presentación das novas aventuras dos Bolechas. Obradoiros
de animación á ilustración a cargo de Pepe Carreiro,
autor e ilustrador destes contos de A Nosa Terra. Sábado, 31 de marzo 10:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros. 17:30 h. Contacontos do libro de Baía Edicións Un día
de vaca e caca, a cargo de Miriam Crespo coa presenza da autora, Fina
Casalderrey. Sinatura de libros. 22:00 h. Peche xornada feira. Domingo, 1 de abril 11:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros. 18:00 h. Monicreques. Representación de Tío Miseria, con monicreques confeccionados con utensilios de cociña a cargo de Fantoches Baj. 19:00 h. Contacontos. Rafael Lema, Piratas e corsarios, contos verídicos. 20:00 h. Clausura da II Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego.
|
|
|