idioma: |

SÁNCHEZ BUGALLO INAUGURA A FEIRA DO LIBRO EN AREA CENTRAL

Santiago 30 de Marzo de 2007.. O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe a II Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego en Area Central, evento que ata este domingo, 2 de abril, poderase visitar na esquina vermella do complexo comercial. Á xornada inaugural da feira tamén asistiu a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Mª Sol López, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, ademais dos representantes das tres editoriais colaboradoras –Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra- e do xerente de Area Central, Juan Carlos Losada.

Esta primeria xornada comezou ás 12.00 horas coa instalación dos postos de exposición e venda de libros das editoriais colaboradoras, aos que os visitantes de Area Central poden achegarse a coñecer as últimas novidades literarias no ámbito infantil e xuvenil en lingua galega. Ademais, no tempo que dura a feira, desenvolveranse variadas actividades, como contacontos, obradoiros de ilustración ou espectáculos de monicreques.

 




area central centro comercial 2007