DERRADEIRO CASTING DE
TOP MODEL AREA CENTRAL, O VENRES 13 DE ABRIL
Santiago
2 de Abril de 2007.Todos os mozos e mozas que queiran probar
sorte no mundo da moda teñen unha última oportunidade
para participar no certame de Top Model Area Central. O venres, 13 de
abril, a partir das 18.00 horas, na esquina verde da planta primeira
do complexo comercial celebrarase a última das probas de selección
para participar nesta sexta edición do certame.
Así remata a fase de selección dos rapaces que participarán
nos desfiles do concurso, despois de que nestas últimas semanas
discotecas e pubs de varias cidades galegas acolleran varias probas
de selección. Os interesados que queiran inscribirse neste último
casting ou ter máis información sobre o concurso, poden
visitar a web www.topmodelareacentral.es.
|