idioma: |

CASE 100 MOZOS ACUDIRON AO CASTING DE TOP MODEL AREA CENTRAL

Santiago 13 de Abril de 2007.Preto de 100 mozos e mozas presentáronse hoxe ao derradeiro casting que se celebrou en Area Central para optar a participar nos desfiles de Top Model. Coa celebración deste casting remata a fase de selección dos rapaces que desfilarán nos dous últimos sábados de abril coas propostas para a tempada primavera-verán dos establecementos de Area Central.

Os aspirantes a ser imaxe de Area Central tiveron o apoio dos gañadores de Top Model Area Central 2006, Casandra López e Miguel Castro. Os dous seguiron este casting que busca aos seus sucesores. Tamén acudiu o segundo clasificado na edición de 2006, Hugo Gómez, elexido recentemente como o segundo home máis guapo en Míster España. Asimesmo, a emisora Radio Obradoiro retransmitiu en directo a proba de selección, entrevistando aos aspirantes a ser a nova imaxe de Area Central.

Nos vindeiros días, a organización chamará aos rapaces seleccionados e informaralles do seu paso á seguinte fase eliminatoria. Proximamente poderase consultar nesta mesma web o listado dos participantes do primeiro desfile, que terá lugar o sábado, 21 de abril

area central centro comercial 2007