TOP MODEL AREA CENTRAL
ARRANCA CO PRIMEIRO DOS DESFILES
Santiago
16 de Abril de 2007.O vindeiro sábado, 21 de abril,
dará comezo en Area Central o concurso de Top Model co primeiro
dos desfiles eliminatorios que se celebrarán para elexir a nova
imaxe do complexo comercial. A partir das 20.00 horas, mozos e mozas
desfilarán no escenario principal coas principais propostas de
moda para a tempada primavera-verán das tendas de Area Central,
mentres un xurado decide cales dos candidatos pasan a gran gala final
do certame de Top Model.
Neste primeiro desfile concursarán preto de 40 candidatos que
amosarán as últimas tendencias en moda e complementos
das tendas Chus Aldrey, Latex, Surf Factory, Pepe Nieto e Mercería
Carmen. Os participantes que desfilarán este sábado en
Area Central foron elexidos despois das probas de selección que
se celebraron en discotecas e pubs de varias cidades galegas, como Santiago,
Ordes, Vigo e A Coruña. O último dos castings celebrouse
o venres 13 de abril en Area Central.
Nos vindeiros días poderase consultar nesta web e en www.topmodelareacentral.com
o listado dos participantes nos dous desfiles do concurso e coñecer
así o nome dos candidatos a ser a imaxe do complexo comercial
durante un ano.
|