A MARCA SKIP RODA UN
ANUNCIO EN AREA CENTRAL
Santiago
26 de Abril de 2007.Mañá venres, dende as 10.00
horas e ata as 14.00 horas, a marca de deterxente Skip trasládase
á esquina vermella de Area Central para grabar un anuncio de
televisión, co obxectivo de presentar o seu novo producto de
limpeza.
A realización deste spot publicitario, levada a cabo pola produtora
galega “Fran Lorenzo P.C.”, permitirá que os clientes
de Area Central no só poidan ver como se realiza unha rodaxe
comercial, senón interactuar nel como público. As persoas
que a el asistan, poderán verse como parte do anuncio a partir
da semana que vén na cadena de televisión privada Telecinco.
Para a realización do spot, que se enmarca dentro da campaña
“Pequeno pero poderoso”, a produtora galega instalará
na esquina vermella de Area Central dende primeira hora da mañá
unha quincena de lavadoras, coas que varias actrices farán a
súa colada co novo Skip Líquido.
|