idioma: |

TODO LISTO PARA A GALA FINAL DE TOP MODEL AREA CENTRAL

Santiago 30 de Abril de 2007.A sexta edición de Top Model Area Central chega ao seu fin coa celebración este sábado, 5 de maio, dunha espectacular gala final, onde se darán a coñecer o nome dos mozos que se convertirán na imaxe de Area Central durante un ano. No transcurso deste último desfile, que comezará ás 20.00 horas no escenario principal, os integrantes do xurado, entre eles o comentarista de televisión Enrique del Pozo, elixirán á parella gañadora que sucederán aos vencedores de 2006, Casandra López e Miguel Castro.

Aparte do popular colaborador de televisión, os integrantes do xurado serán varios representantes de Area Central e da axencia de publicidade organizadora do evento Multimedia Ideas, ademais da modelo Dolores Couceiro e profesionais de medios de comunicación.

Os 39 candidatos a ser a nova imaxe de Area Central desfilarán coas últimas novidades en moda e complementos dos establecementos Ebony, Alcampo, Surf Factory, Elvis, Araujo Piel y María García. Ademais, os asistentes á gala final desta sexta edición poderán disfrutar cunha exhibición de fitness e un espectáculo de tango.

Visita a web www.topmodelareacentral.com para ter máis detalles sobre o concurso

area central centro comercial 2007