SANDRA GONZÁLEZ
E PIETRO DITANO, GAÑADORES DE TOP MODEL AREA CENTRAL
Santiago, 7 de maio de 2007. O pasado
sábado, 5 de maio, deuse por finalizada a sexta edición
do concurso Top Model Area Central, coa proclamación de
Sandra Gónzalez e Pietro Ditano como os gañadores
deste certame de moda, no transcurso da gala final que contou como xurado,
entre outros, ao televisivo Enrique del Pozo. O desfile, presentado
por Álvaro Veiga, estivo seguido por preto de 1.500 persoas en
directo, que rodearon o escenario principal de Area Central para non
perderse ningún detalle do desfile dos 38 candidatos a ser a
nova imaxe de Area Central.
Finalmente, a estudante de 19 anos e natural de Ribadeo, Sandra González,
e Pietro Ditano, un estudante santiagúes de 18 anos, conseguiron
o primeiro posto neste certame. Como premio, os dous rapaces serán
a nova imaxe de Area Central ao longo dun ano, ademais de recibir un
curso de modelaxe na axencia de modelos de Dolores Couceiro e facer
un book fotográfico. Como segundos clasificados quedaron a estudante
santiaguesa de orixe arxentina, Danisa Barca, e o estudante de Viveiro,
Pete Seijo. Ademais, o xurado optou por dar uns premios accésit
á parella formada por Natalia Rivero e José Álvarez.
Así remata a sexta edición do certame Top Model Area Central,
que se consolida entre a xuventude como o concurso máis importante
de Galicia no mundo da moda.
Para ter todos os detalles, visita a web www.topmodelareacentral.com
|