idioma: |

A EXPOSICIÓN “O AFIADOR E O SEU OFICIO” CHEGA A AREA CENTRAL

Santiago, 13 de xuño de 2007. Area Central deu por inaugurada estes días a nova imaxe da Porta Norte, acceso que comunica coa Rúa Varsovia e a Rúa Madrid. Con esta mellora nunha das entradas ao complexo comercial, Area Central comeza a reforma de todos os seus accesos das rúas principais que rodean o centro comercial.
As obras consistirán nunha reforma integral dos falsos teitos e da iluminación, un troco de mobiliario e a colocación da nova imaxe corporativa nas cristaleiras. A xerencia de Area Central prevé que todos os accesos estean reformados antes de xullo do ano 2008.
Nas fotos da noticia pódese observar a nova imaxe que presenta o acceso norte do complexo.

area central centro comercial 2007