idioma: |

A EXPOSICIÓN DE RODAS DE AFIAR DESPÍDESE DE AREA CENTRAL

Santiago, 22 de xuño de 2007. Apenas quedan dous días para poder achegarse a Area Central a visitar a exposición “O afiador e o seu oficio”, que se despide do complexo comercial o vindeiro domingo, 24 de xuño. A mostra reúne aparellos recompilados polo coleccionista e escultor Florencio de Arboiro sobre un dos oficios máis característicos, especialmente, do medio rural galego.

A mostra, patrocinada pola Fundación Sotelo Blanco, componse de pezas de ata 150 anos de antigüedade, procedentes na súa maioría da provincia de Ourense. As rodas de afiar, que están acompañadas de esculturas de bronce feitas polo propio Florencio de Arboiro, pertencen a unha das coleccións máis completas de utensilios do oficio de afiador que existen.

A mostra, que se atopa en Area Central dende o pasado 31 de maio, ademais de espertar un gran interese entre os clientes e visitantes habituais do complexo comercial, contou con preto de vinte visitas de excursións escolares procedentes de outras localidades galegas. Máis de mil estudiantes de Vila de Cruces, Lugo, Vigo ou Cangas do Morrazo, entre outros lugares, achegáronse a Santiago para contemplar esta mostra de Area Central.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visita a nosa programación mensual.

area central centro comercial 2007