AREA CENTRAL PREPARA UN SINFÍN DE ACTIVIDADES PARA OS ÚLTIMOS
MESES DO ANO
Santiago,
27 de agosto 2007. Desfiles, campeonatos deportivos, exposicións,
impresionantes espectáculos, feiras, etc. Isto é so un
avance do que Area Central ten preparado para os seus visitantes de
cara aos últimos meses do ano: diversas actividades que farán
de Area Central non só un lugar de compras e encontro para os
composteláns e os veciños da comarca, senón unha
referencia continua en canto a ocio e diversión pola gran variedade
e calidade das súas accións pensadas para toda a familia.
|