AREA CENTRAL CELEBRA A
“VOLTA Ó COLE” CON MODA E XOGOS
Santiago,
13 de setembro de 2007 – Area Central prepara un ano
máis a súa xa tradicional campaña de “Volta
ó Cole”, cuxo programa inclúe dous desfiles de moda
infantil nos que os establecementos do centro comercial amosarán
ós seus visitantes as súas propostas e últimas
tendencias para a tempada outono-inverno.
Ademáis, como complemento ós dous desfiles de moda, que
terán lugar no escenario principal os sábados 22 e 29
de setembro a partir das 19.00 horas, Area Central ten preparada para
eses mesmos días, dende as 18.00 horas, outras actividades de
animación pensadas especialmente para os cativos da casa, entre
as que se atopan obradoiros de creación de chapas e maquillaxe
e actuacións dun mago e de malabaristas.
Atoparás máis información sobre as actividades
de Area Central na súa programación
mensual.
|