AREA CENTRAL EXPÓN
OS FINALISTAS DE “COCHE DO ANO 2007”
Santiago,
25 de setembro de 2007 – Area Central ten expostos dende
este luns 24 de setembro ata o vindeiro domingo 7 de outubro os tres
turismos finalistas para a elección do “Coche do ano 2007”,
acción organizada polo diario La Voz de Galicia.
Deste xeito, os lectores deste xornal poderán cubrir as tarxetas
que se reparten con cada exemplar e emitir os seus votos para a elección
do coche do ano no stand que está instalado na esquina vermella
de Area Central. O coche que resulte gañador sortearase posteriormente
entre os lectores que participen co seu voto.
|