idioma: |

SOTELO BLANCO E POLÍTICA LINGÜÍSTICA PRESENTAN “TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS

Santiago, 28 de setembro de 2007 – A Fundación Sotelo Blanco e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaron hoxe a campaña “Tardes con Uxía e os pillabáns”, un proxecto lúdico-didáctico que buscará promover o emprego da lingua galega entre os máis pequenos. A campaña desenvolveranse en Area Central a partir das 18.00 horas todos os venres e sábados: dende o vindeiro sábado, 6 de outubro ata o sábado, 15 de decembro. Ao acto de presentación acudiron a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, o presidente da Fundación Sotelo Blanco, Olegario Sotelo, e o xerente de Area Central, Juan Carlos Losada.
Serán case tres meses de actividades nos que os rapaces disfrutarán dun programa de contacontos e animacións baseados na colección infantil “Uxía e os pillabásn”, de Sotelo Blanco Edicións. A acción, que se desenvolverá en diferentes puntos do complexo comercial, contará tamén con obradoiros de debuxo a cargo do ilustrador e autor dos libros, Luís Ben, visitas de diferentes personaxes e variadas sorpresas para os rapaces. Os nenos participantes recibirán como obsequio varios libros da colección na que se basea esta campaña.


 

area central centro comercial 2007