idioma: |

AREA CENTRAL SERÁ A SEDE DA CAMPAÑA “TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS”ENTAN “TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS

Santiago, 1 de outubro de 2007 – A partir deste sábado, 6 de outubro, Area Central acollerá a campaña “Tardes con Uxía e os pillabáns”, proxecto lúdico-didáctico de promoción da lingua galega entre os rapaces de menor idade organizado pola Fundación Sotelo Blanco, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A campaña desenvolveranse en Area Central todos os venres e sábados ás 18.00 horas, dende este sábado ata o vindeiro 15 de decembro.
Case tres meses de actividades nos que os rapaces disfrutarán dun programa de contacontos e animacións baseados na colección infantil “Uxía e os pillabáns”, de Sotelo Blanco Edicións. A acción, que se desenvolverá en diferentes puntos do complexo comercial, contará tamén con obradoiros de debuxo a cargo do ilustrador e autor dos libros, Luís Ben, visitas de diferentes personaxes e outras sorpresas.
Cada fin de semana, a campaña estará centrada nun dos nove títulos que forman parte da colección de libros “Uxía e os pillabáns”, agás a primeira e a última fin de semana, nas que se realizarán a presentación e despedida das personaxes, respectivamente. Por outra banda, os nenos que participen nestas actividades serán obsequiados cun título da colección “Uxía e os pillabáns”, que coincidirá co capítulo que corresponda á programación dese día.

Para obter máis información sobre esta campaña de promoción da lectura infantil en galego, pincha aquí.


 

area central centro comercial 2007