![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
“TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS” COMEZA EN AREA CENTRAL CON GRAN ÉXITO
Esta xornada de inauguración dará paso a dez venres e dez sábados nos que os rapaces disfrutarán de variadas actividades como contacontos, animacións e obradoiros de ilustracións, ademais de regalos de libros e outras sorpresas. Cada fin de semana a acción basearase nun dos nove capítulos desta colección de Luís Ben. Este venres 12 e sábado 13, a partir das 18.00 horas, a actividade estará centrada no primeiro dos capítulos “Uxía e os pillabáns: Atopan un can”. Para obter máis información sobre esta campaña de promoción da lectura infantil en galego, pincha aquí.
|
|
|