AREA CENTRAL: PUNTO DE
VENDA DE ENTRADAS PARA O ESPECTÁCULO “WANTED”
Santiago,
17 de octubro de 2007 – O posto de información
de Area Central é a partir de hoxe e ata o venres 2 de novembro
o punto de venda de entradas para “Wanted”, espectáculo
protagonizado por Santi Rodríguez, Paco León e Santi Millán
e que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar o sábado
3 de novembro, a partir das 21.30 horas.
O prezo das entradas é de 25 euros nas plateas, 20 euros nas
gradas fondo e 15 euros nas gradas baixas. Aquelas persoas que acrediten
dalgún xeito que son clientes de Caja Duero gozarán dun
vinte por cento de desconto no prezo dos tickets.
Wanted é un espectáculo innovador no que os tres actores
presentarán situacións da vida cotiá dende as súas
propias vivencias. A participación do público convírteo
nun evento diferente en cada representación no que a diversión
está asegurada.
|