idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE UNHA DAS SEMIFINAIS DA “COPA 40 –EA SPORTS”

Santiago, 17 de octubro de 2007 – Este sábado, 20 de outubro, Area Central acollerá a partir das 16.00 horas unha das semifinais españolas do campeonato de fútbol interactivo “Copa 40 – EA Sports”, evento organizado pola cadea SER – 40 Principales. Os concursantes buscarán ser os de maior destreza co videoxogo FIFA 08 para participar na final de Madrid o vindeiro 17 de novembro.

O gañador nesta semifinal, ademáis de ter a viaxe gratuita a Madrid cun acompañante para enfrentarse na final nacional ao resto dos gañadores das outras semifinais, -que terán lugar en Madrid, Sevilla, Bilabo, Barcelona e Valencia-, acadará como agasallo unha videoconsola Play Station 3 e unha equipación da selección española de fútbol.

Todos os interesados deben inscribirse nos estudios da emisora dos 40 Principales na Rúa San Pedro de Mezonzo, en Santiago de Compostela.


area central centro comercial 2007