idioma: |


AREA CENTRAL CUMPRE 14 ANOS CUNHA AMPLA PROGRAMACIÓN

Santiago, 23 de outubro 2007. Area Central cumpre catorce anos e para celebrar por todo o alto o seu aniversario ten preparado unha multitude de actividades pensadas para todos os públicos. Estas accións comezarán o xoves 25 de outubro e finalizarán o domingo 4 de novembro, polo que durante once días, os corredores de Area Central, tanto da planta baixa como da primeira, acollerán gran cantidade de accións, que destacan pola súa variedade e a súa orixinalidade.
Durante a celebración do aniversario, a planta primeira de Area Central acollerá unha amplísima e moi interesante exposición de maquetas de vivendas rurais do mundo, composta por un total de 300 exemplares; mentres que, durante os dous fins de semana do aniversario, o escenario principal e os corredores de Area Central acollerán espectaculares actuacións, nas que non faltarán cor, son e efectos especiais.
Como complemento ao anterior, Area Central continuará coa campaña lúdico-didáctica “Tardes con Uxía e os pillabáns”, organizada pola Fundación Sotelo Blanco en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non faltarán contacontos, obradoiros de ilustración e teatrillos, ademais de moitos agasallos e outras sorpresas para que os máis pequenos pasen unhas tardes inesquecibles en Area Central.

- Exposición “VIVENDAS E CONSTRUCCIÓNS RURAIS DO MUNDO”
Do xoves 25 de outubro ao domingo 4 de novembro, de 10.00 a 22.00 horas.
Nos corredores da planta primeira.

Os visitantes de Area Central quedarán encantados con esta exposición composta por un total de 300 maquetas en miniatura de vivendas e construccións do mundo rural de todo o mundo, que se disporán polos corredores da planta primeira de Area Central. As casas expostas confeccionáronse con materiais naturais e reciclados, peculiaridade que aporta a cada réplica unha gran beleza e realismo.
Sen dúbida, esta mostra contará cun gran interese por parte de todos os visitantes de Area Central e en especial para as personas amantes da xeografía e as viaxes polo seu gran contido cultural e pedagóxico, xa que revelan o modo de vida dos países máis variados do mundo. A maioría das casas están realizadas a escala 1:50 e cada maqueta estará acompañada dunha tarxeta identificativa na que se explicará tanto a procedencia e as características de cada vivenda, como a raza dos seus habitantes e os materiais empregados para a construcción de cada modelo.
Esta exposición, que contará con ejemplares de case todos os países do mundo, capta con gran realismo a extensa variedade de construccións e vivendas existentes en todo o mundo atendendo á diversa tipoloxía de casas e materiais empregados, de acordo co clima, a cultura e a idiosincrasia de cada pobo.
As maquetas que se exporán realizounas o coleccionista José Manuel Orozco e para a construcción da maioría delas o autor baseouse nas fotos tomadas por el mesmo nas súas numerosas viaxes realizadas por diversos países do mundo. Dende 1996, esta exposición leva visitado diferentes centros culturais e concellos de Madrid, Segovia ou Toledo.

- ESPECTÁCULOS MUSICAIS E PERFORMANCES INTERNACIONAIS
Venres, 26 de outubro e 2 de novembro e sábados 27 de outubro e 3 de novembro.
No escenario principal e nos corredores ás 19.30 horas.

O espectáculo visual está garantido con estas actuacións realizadas por varios performances maquillados e disfrazados dun xeito sorprendente, que estarán acompañados de impactantes coreografías, son e grandes efectos especiais. Impresionantes disfraces irán da man de espectaculares decoracións que deixarán asombrados aos visitantes de Area Central.

O venres 26 e o sábado 27 de outubro, o escenario principal contará co grupo internacional de performances Ying&Yang, que realizarán espectaculares actuacións que farán alusión ao cambio climático. Este grupo sorprenderá aos visitantes de Area Central cunha prodixiosa posta en escea na que un dos performances tocará un “Didgery-Doo” -instrumento aborixe australiano-, co que despertará á “bola do mundo”, un globo xigante que terá oculto outro performance no seu interior, de onde saldrá convertido no Sol. A escea completarase coa actuación dos Trasnos Máxicos, que xurdirán das tinieblas. Humo baio, máquinas de neve e efectos de auga complementan ás espectaculares vestimentas e prodixiosos maquillaxes dos artistas.

Por outra banda, o venres 2 de novembro, será o turno de “Elastic Man”, espectáculo encabezado por un hinchable xigante en forma de labios no que uns bailaríns con traxes elásticos realizarán distintas danzas. O espectáculo visual continuará coa posta en escea de esferas transparentes con artistas no seu interior que seguirán unha coreografía. Trátase dun grupo de animación moderno e orixinal que, sen dúbida, fará disfrutar ao público asistente.

O sábado 3 de novembro, Area Central contará co espectáculo “Barroco Roll”, que conta cunha posta en escea satírico-cómica, coa que os artistas sorprenderán coa súa animación teatral mentres realizan a súa obra sobre patíns. Maxestuosos traxes, pelucas coloridas e impresionantes disfraces son os principais ingredentes para crear no espectador un forte impacto visual que difícilmente poderá esquecer.

A maiores de todo o dito, os tres primeiros días destas actuacións, Area Central tamén contará cos “Saltimbanquis da imaxinación”, grupos de animadores realmente chamativos que andarán ao longo e ancho dos corredores de Area Central sorprendendo aos visitantes coas súas arriscadas acrobacias nos seus monociclos, xogos de malabares e espectaculares saltos e piruetas.

Campaña de animación á lectura infantil en galego “Tardes con Uxía e os pillabáns”
Venres 26 e sábado 27 de outubro e xoves 1, venres 2 e sábado 3 de novembro ás 18.00 horas

Como complemento ás actividades específicas da conmemoración do aniversario de Area Central, estes días seguirá en marcha a campaña de animación á lectura infantil en galego “Tardes con Uxía e os pillabáns”, proxecto iniciado o 6 de outubro e que finalizará o 15 de dicembro. Esta actividade, baseada na colección de libros “Uxía e os pillabáns”, de Sotelo Blanco Edicións, ofrecerá aos máis pequenos da casa un amplo programa de contacontos e animacións, así como regalos de libros e outras sorpresas para os asistentes.

Nos días 26 e 27 de outubro, a campaña estará centrada no cuarto capítulo da colección “Van de merenda” e os días 1, 2 e 3 de novembro, será o turno do capítulo “Van á granxa”. Este proxecto, que conta as aventuras de Uxía, Fito, Pipo e Noa, pretende promover o uso do galego entre os nenos de menor idade dun xeito ameno e divertido.

Pode obter mais información sobre as actividades de Area Central na programación mensual.


 

area central centro comercial 2007