idioma: |


COMEZAN AS ACCIÓNS DO 14º ANIVERSARIO DE AREA CENTRAL CUNHA EXPOSICIÓN DE VIVENDAS RURAIS

Santiago, 25 de outubro 2007. As accións con motivo do catorce aniversario de Area Central comenzaron hoxe coa inauguración da exposición “Vivendas e construccións rurais do mundo”, mostra composta por máis de 300 maquetas en miniatura que recrean a variedade das construccións rurais que existen en todo o mundo en función do clima, a cultura e a idiosincrasia de cada pobo.

Todos os visitantes teñen ata o domingo 4 de novembro para visitar a planta primeira de Area Central e contemplar esta mostra que dispoñe dun gran contenido cultural e pedagóxico, xa que reflexa o xeito de vida dos países máis variados do mundo.

Cada maqueta está acompañada dunha tarxeta identificativa na que se explica tanto a procedencia e as características de cada vivenda, como a raza ou etnia dos seus habitantes, ocupación das vivendas orixinais e os materiais empregados para a construcción de cada modelo.

Pode obter mais información sobre as actividades de Area Central na programación mensual.




 

area central centro comercial 2007