AREA CENTRAL CUMPRE 14 ANOS CUNHA AMPLA PROGRAMACIÓN
Santiago,
26 de outubro 2007. – O espectáculo visual está
garantido hoxe venres 26 e mañá sábado 27 co grupo
de performances internacional “Ying&Yang”, que realizará
a partir das 19.30 horas no escenario principal unha actuación
que fará alusión ao cambio climático. Esta acción
enmárcase dentro das actividades conmemorativas do 14º aniversario
de Area Central.
Este grupo de artistas abraiará aos visitantes de Area Central
cunha prodixiosa posta en escea na que un dos performances tocará
un “Didgery-Doo” -instrumento aborixe australiano-, co que
despertará á “bola do mundo”, un globo xigante
que terá oculto outro performance no seu interior, de onde sairá
convertido no Sol. A escea complétase coa actuación dos
Trasnos Máxicos, que xurdirán das tebras. Ademais, os
“Saltimbanquis da imaxinación” animarán toda
a tarde os corredores de Area Central e sorprenderán aos visitantes
coas súas arriscadas acrobacias nos seus monociclos, xogos de
malabares e espectaculares saltos e piruetas.
Ademais, celebraranse dúas novas sesións da campaña
de animación á lectura infantil en galego “Tardes
con Uxía e os pillabáns”, acción que se desenvolverá
tanto hoxe venres 26 como mañá sábado 27 a partir
das 18.00 horas na esquina vermella e que estará baseada no terceiro
capítulo da colección de libros de Sotelo Blanco Edicións
“Van de merenda”.
Pode obter mais información sobre as actividades de Area Central
na programación mensual.

|