idioma: |


DOUS ESPECTÁCULOS PECHAN ESTA FIN DE SEMANA OS ACTOS DO ANIVERSARIO DE AREA CENTRAL

Santiago, 31 de outubro 2007. –Os espectáculos de performances “Elastic Man” e “Barroco Roll” pecharán esta fin de semana as actuacións programadas para celebrar o 14º aniversario de Area Central. Este venres, 2 de novembro, a partir das 19.30 horas, Area Central acollerá a actuación de “Elastic Man”, grupo de performances moderno e orixinal que fará disfrutar ao público asistente. O espectáculo está encabezado por un inchable xigante en forma de labios no que uns bailaríns con traxes elásticos realizarán distintas danzas. O espectáculo visual continuará coa posta en escea de esferas transparentes con artistas no seu interior que seguirán unha coreografía.
Para o sábado 3 de novembro, ás 19.30 horas, Area Central ten preparado o espectáculo “Barroco Roll”, actuación satírico-cómica coa que os artistas sorprenderán coa súa animación teatral mentres realizan a súa obra sobre patíns. Maxestuosos traxes, pelucas coloridas e impresionantes disfraces son os principais compoñentes para crear no espectador un forrte impacto visual que difícilmente poderá esquecer.
Por último, o domingo 4 de novembro é o derradeiro día no que os visitantes de Area Central poderán visitar a exposición “Vivendas e construccións rurais do mundo”, mostra composta por máis de 300 maquetas en miniatura distribuidas pola planta primeira de Area Central.

Pode obter mais información sobre as actividades de Area Central na programación mensual.


 

area central centro comercial 2007