idioma: |


AREA CENTRAL SERÁ A SEDE DUN TORNEO DO CAMPIONATO MUNDIAL DE SQUASH

Santiago, 6 de novembro 2007. –Area Central será estes días a sede do “Torneo XXV Aniversario Squash Santiago”, campionato puntuable no circuito mundial masculino (PSA) e feminino (WISPA). Para iso, nestas dúas semanas quedará instalada na esquina vermella unha gran pista acristalada na que terán lugar os partidos que reunirán en Area Central aos mellores xogadores do mundo nesta disciplina deportiva e que pelexarán por acadar o Trofeo Grupo García Porto.

O torneo celebrarase entre o luns 12 e o sábado 17 de novembro; pero a pista xa está instalada estes días para que entre o xoves 8 e o sábado 10, das 17.00 ás 21.00 horas, teña lugar nela diferentes partidos de exhibicións e pequenas clases de squash dirixidas aos rapaces.

Velaquí o programa previsto do campionato “Torneo XXV Aniversario Squash Santiago”:

Luns, 12 de novembro: 16.00 horas: Comezo do torneo (fase previa) en pista 1- pista 2 e pista de cristal.
Martes, 13 de novembro: 14.00 horas: octavos de final en pista 1-pista 2 e pista de cristal.
Xoves, 15 de novembro: cuartos de final na pista de cristal.
Venres, 16 de novembro:
17.00 horas: 1ª semifinal Wispa.
18.00 horas: 2ª semifinal Wispa.
19.00 horas: 1ª semifinal Psa.
20.00 horas: 2ª semifinal Psa.
Sábado, 17 de novembro:
19.00 horas: Final Wispa.
20.00 horas: Final PSA.
21.00 horas: Entrega de premios.

Para seguir en directo dende o seu ordenador os partidos de squash que se disputan en Area Central , clicke aquí.

Pode obter mais información sobre as actividades de Area Central na programación mensual.



 

area central centro comercial 2007