idioma: |

SEXTA EDICIÓN DA FEIRA DISCOGRÁFICA E CINEMATOGRÁFICA EN AREA CENTRAL

Santiago, 19 de novembro de 2007 – A Feira Internacional de Coleccionismo Discográfico e Cinematográfico de Santiago de Compostela regresa un ano máis a Area Central con preto de 20 expositores procedentes de distintos puntos de España. Esta fin de semana, dende o venres 23 ata o domingo 25 de novembro, Area Central convertirase na sede dos aficionados á música e ao cine de todos os tempos con esta feira que cumpre xa a súa sexta edición.
Esta nova edición darase por inaugurada o vindeiro venres 23, a partir das 12:00 horas, continuando ata as 22:00 horas; e o sábado e domingo permanecerá aberta en horario de 10:00 a 22:00 horas. A esquina vermella de Area Central reunirá durante tres días case 20 expositores procedentes de varios puntos de España, nos que os visitantes poderán coñecer todas as curiosidades do sector, ademáis de apreciar e adquirir diferentes discos, tanto en soporte CD como vinilos, e películas moi variadas a un prezo asequible.
Como complemento á feira, ao igual que o resto das edicións pasadas, están previstas outras actividades paralelas. O venres 23, ás 20:00 horas, na esquina verde, celebraranse espectaculares exhibicións de capoeira dentro do “III encontro de Capoeira Nagô” e o sábado 24, tamén ás 20:00 horas, os visitantes de Area Central poderán disfrutar dunha actuación musical.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central visite a programación mensual.



area central centro comercial 2007