|
Santiago,
26 de novembro - Este mércores 28 de novembro Area Central
dará comezo a súa campaña “O Nadal de Area
Central” cun programa de actividades composto por máis
de 70 accións que se celebrarán ao longo de máis
de 35 días co obxectivo final de que os visitantes e clientes
de Area Central disfruten ao máximo destas festas. O pistoletazo
de saída darao o mércores 28 o tradicional acendido de
luces nos corredores de Area Central e rúas exteriores de Fontiñas
e continuará coa celebración practicamente a diario de
diversas actividades que conforman un amplísimo programa que
busca satisfacer os gustos de todos os visitantes e clientes do complexo
comercial.
Area Central buscou para estas datas superar as cifras dos anos anteriores,
logrando elaborar o máis amplo programa de actividades de Nadal
nos seus catorce anos de existencia. Preto de 30 eventos diferentes,
un total de 73 actividades lúdicas e de animación desenvolveranse
nos case 40 días continuados de diversión, que comezarán
o 30 de novembro e rematarán o 5 de xaneiro.
Area Central encherá todos os días da campaña
de Nadal cunha variada oferta de actividades entre as que se atopan
animacións itinerantes, malabares, obras de teatro infantil,
obradoiros, as visitas de Papá Noel e a dos Reis Magos, actuacións
musicais e videoxogos gratuitos; ademais do xa tradicional e exitoso
sorteo de 100 cestas de Nadal, que terá lugar no escenario principal
o sábado 15 e o domingo 16, e que busca premiar a fidelidade
dos clientes de Area Central co sorteo das 100 cestas con produtos de
Nadal máis unha xigante formada por agasallos procedentes dos
establecementos de Area Central. Como noutras edicións, as cestas
premiadas que non sexan recollidas destinaranse a entidades de carácter
benéfico, destacando así a labor solidaria deste sorteo
organizado por Area Central.
Ademais, este ano Area Central retoma a celebración dos “Venres
de Nadal”, xornadas especiais que destacan pola diversidade e
amplitude de accións previstas chegando a catro accións
diferentes nun so día, entre elas, teatros infantís, animadores
itinerantes, actuacións musicais, sesións de malabares,
obradoiros de maquillaxe, globoflexia e outras sorpresas, sen esquecer
a Papá Noel e as últimas sesións da campaña
de animación á lectura infantil en galego “Tardes
con Uxía e os pillabáns”, organizada pola Fundación
Sotelo Blanco, en colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística e Area Central.
Para máis información sobre as actividades de Nadal de
Area Central, visite a programación mensual.
|