AREA CENTRAL CELEBRA O
SEU MACRO SORTEO DE 101 CESTAS DE NADAL
Santiago, 12 decembro - Area Central
acolle este sábado 15 e domingo 16 a celebración do seu
xa tradicional macro sorteo de 101 cestas de Nadal. Varios Papá
Noeles encargaranse de amenizar este sorteo no transcurso dun gran espectáculo
musical. As rifas repartiranse ao longo desta semana entre os clientes
de calquera dos establecementos do complexo comercial adscritos a esta
promoción. As bases do sorteo poden consultarse aquí
ou na cabina de información de Area Central.
Ademais, este venres 14 e o sábado 15, a partir
das 18:00 horas, celebrarase a festa de despedida da campaña
de animación á lectura infantil en galego “Tardes
con Uxía e os pillabáns”, con moitos agasallos e
sorpresas para os asistentes. Esta semana tampouco faltarán en
Area Central Papá Noel, animacións itinerantes, videoxogos
gratuitos e divertidos obradoiros.
Todas as actividades deste Nadal en Area Central poden
consultarse na programación mensual.

|