idioma: |

VIDEOXOGOS GRATUITOS COA WII DE NINTENDO, EN AREA CENTRAL

Santiago, 3 de decembro - Dende este mércores e ata o vindeiro venres, 14 de decembro, todos os visitantes de Area Central terán a oportunidade de xogar de xeito totalmente gratuito coa nova consola Wii de Nintendo. O horario de funcionamento da consola será de 17:00 a 22:00 horas, agás o venres 7 e o sábado 8 que tamén funcionará pola mañá..

A videoconsola estará situada na esquina verde de Area Central para que toda a familia, nenos e adultos, poidan probar esta novidosa videoconsola, que funciona con mandos de control remoto sensibles ao movemento do xogador.

Para ter máis información sobre as actividades deste Nadal en Area Central, visite a programación mensual.

area central centro comercial 2007