idioma: |

AREA CENTRAL CELEBRA O SEU MACRO SORTEO DE 101 CESTAS DE NADAL

Santiago, 12 decembro - Area Central acolle este sábado 15 e domingo 16 a celebración do seu xa tradicional macro sorteo de 101 cestas de Nadal. Varios Papá Noeles encargaranse de amenizar este sorteo no transcurso dun gran espectáculo musical. As rifas repartiranse ao longo desta semana entre os clientes de calquera dos establecementos do complexo comercial adscritos a esta promoción. As bases do sorteo poden consultarse aquí ou na cabina de información de Area Central.

Ademais, este venres 14 e o sábado 15, a partir das 18:00 horas, celebrarase a festa de despedida da campaña de animación á lectura infantil en galego “Tardes con Uxía e os pillabáns”, con moitos agasallos e sorpresas para os asistentes. Esta semana tampouco faltarán en Area Central Papá Noel, animacións itinerantes, videoxogos gratuitos e divertidos obradoiros.

Todas as actividades deste Nadal en Area Central poden consultarse na programación mensual.

area central centro comercial 2007