idioma: |

BASES PARA O SORTEO DAS CESTAS DE NADAL 2007
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1.- Poderán participar todas as persoas que realicen unha compra superior a 5 € en calquera dos establecementos do Centro Comercial Area Central adscritos a esta promoción, dende o día 07/12/2007 ata as 15:00 horas do día 15/12/2007.

2.- Como máximo entregarase 1 rifa por compra, independentemente de que o seu valor supere os 5€.

3.- O sorteo das primeiras 100 cestas realizarase o sábado día 15 de decembro ás 19:00 horas no escenario situado na entrada principal do Centro Comercial (esquina verde). Para recoller os premios é requisito indispensable estar presente, sendo o límite ata as 22:00 horas do mesmo día, caducando a partir desta hora todos os números e rifas premiadas que non se presentaran.

4.- O domingo 16 de decembro ás 19:00 horas no mesmo escenario sortearanse outras 100 cestas, así como unha cesta especial xigante. Para recoller os premios é requisito indispensable estar presente, sendo o límite ata as 22:00 horas do mesmo dia, caducando a partir desta hora todos os números e rifas desta promoción.

5.- As cestas premiadas e non recollidas destinaranse a unha ou varias asociacións benéficas.

6.- En ningún caso os premios serán canxeables por cartos.

7.- As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial.

8.- Os traballadores do Centro Comercial e dos establecementos que o integran non poderán participar nesta promoción.

9.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que poidera derivar da súa interpretación.

10.- A participación nesta promoción supón a aceptación implícita destas bases.

area central centro comercial 2007