idioma: |

DESPEDIDA DE “TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS” EN AREA CENTRAL

Santiago, 12 decembro -A campaña de animación á lectura infantil en galego “Tardes con Uxía e os pillabáns” chega estes días ao seu fin. Por iso, tanto este venres 14 como o sábado 15, a partir das 18:00 horas, celebrarase unha gran festa de despedida das personaxes nas que estivo baseado este proxecto lúdico-didáctico.

Para estes dous días, Area Central acollerá divertidas sesións nas que se fará un repaso polas aventuras dos protagonistas desta colección de libros do autor e ilustrador Luis Ben. Ademais non faltarán os mellores obradoiros que se levaron a cabo durante a súa celebración, así como moitos agasallos en forma de libros.

Despois de dar comezo o pasado 6 de outubro, esta campaña organizada pola Fundación Sotelo Blanco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Area Central, pretendeu achegar ao longo de máis de dous meses a lingua galega aos máis pequenos dunha xeito familiar fóra do ámbito escolar.

Pode obter máis información sobre as actividades de Area Central na programación mensual.

 

area central centro comercial 2007