OS REIS MAGOS VISITAN AREA CENTRAL TODAS AS TARDES ATA O 5 DE XANEIRO
Santiago, 2 xaneiro Area Central contará dende o 2 e ata o 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos e os seus paxes reais, que se situarán na esquina verde da planta primeira para atender as peticións de todos os nenos que se acheguen a eles. Os tres Reis Magos estarán dende as 17:00 ata as 21:00 horas durante estes catro días.
Ademais, os máis pequenos da casa terán a posibilidade de fotografarse con Melchor, Gaspar e Baltasar e recoller as instantáneas totalmente gratuitas na tenda de fotografía Vifox do complexo comercial a partir do 8 de xaneiro. O horario de funcionamento do fotógrafo será de 18:00 a 20:00 horas, excepto o día 5 de xaneiro.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central neste Nadal, visite a nosa programación mensual.

|