ARRANCAN AS REBAIXAS MÁIS
SORPRENDENTES EN AREA CENTRAL
Santiago,
21 de xaneiro Este sábado, día 26, Area Central
será a sede do IX Foro de ONGs, evento no que se darán
cita un total de 24 asociacións e que promove o encontro destas,
así como a difusión dos seus proxectos. Será o
terceiro ano que Area Central acolla este foro, organizado polo Departamento
de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela
e enmarcado dentro da Quincena da Paz, da Convivencia e da Solidariedade.
Dende ás 11.00 ata ás 20.00 horas desenvolveranse varias
actividades para todos os públicos, entre as que destacan actuacións
musicais, contacontos, obradoiros e chocolate solidario.
As organizacións previstas para participar nesta nova edición
do Foro de ONGs en Area Central son as seguintes: Amigos da Terra –
Galicia Xuventude, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Axuda en
Acción, Bicis pola Paz, Cáritas, Coopera, Coordinadora
Galega de ONG, Cruz Vermella, Educación sen Fronteiras, Entreculturas
– Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras,
Farmacéuticos Mundi, Foro de Inmigración, Fundación
Ropka, Galicia Paz y Desarrollo, Intered, Intermon Oxfam, Mans Unidas,
Médicos do Mundo Galicia, Médicos Sen Fronteiras, Mi Perú,
Panxea Asociación de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación
para a Paz e Terra de Homes.
O programa do IX Foro de ONGs é o seguinte:
11.00 horas – Apertura do espazo solidario: zona de presentación
de experiencias e postos informatiovos
12.15 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis
pola Paz.
Obradoiro “Atrapador de soños”
12.30 horas – Chocolate solidario. Colabora Panxea Asociación
de Comercio Xusto.
13.00 horas – Concerto da Banda Municipal de Música de
Santiago de Compostela.
13.30 horas – Lectura do Manifesto
18.30 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis
pola Paz.
Obradoiro “Atrapador de soños”
20.00 horas – Clausura das actividades
Para ter máis información sobre as actividades de xaneiro
en Area Central, consulte a programación mensual.
|