PRAZO ABERTO PARA APUNTARSE
NOS CONCURSOS DE ENTROIDO DE AREA CENTRAL
Santiago,
21 xaneiro Xa está aberto o prazo para inscribirse nos
dous certames que organiza Area Central para celebrar o Entroido: o
IX Concurso da Filloa e Orella, organizado en colaboración
con El Correo Gallego e Radio Obradoiro e que terá lugar o venres
1 de febreiro ás 19.00 horas na planta primeira; e o Concurso
infantil de disfraces, que se celebrará o sábado
2 de febreiro ás 18.00 horas no escenario principal.
Como nos anteriores anos, o Concurso da Filloa e Orella
establece nas súas bases dúas
categorías -filloas e orellas- e, dentro destas, premiaranse
cun trofeo e cun agasallo a filloa máis orixinal, a filloa máis
saborosa e a mellor orella. Ademais, todos os participantes recibirán
o seu agasallo. O prazo de inscrición remata ás 22.00
horas do xoves 31 de xaneiro.
Os rapaces tamén disfrutarán do Entroido en Area Central
co Concurso infantil de disfraces o sábado 2
a partir das 18.00 horas. Este ano, como novidade, Area Central creou
a categoría de parella, polo que as bases
quedan deste xeito: individual alevín (ata 8 anos); individual
infantil (de 9 a 12 anos), de parella (ata 12 anos) e de grupo (ata
12 anos). Os mellores traxes recibirán grandes agasallos no transcurso
dun divertido espectáculo musical. Os interesados poden inscribirse
na cabina de información de Area Central ata tres horas antes
do inicio do concurso.

|