idioma: |

OS TRAXES MÁIS ORIXINAIS TERÁN PREMIO NO CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES DE AREA CENTRAL

Santiago, 29 xaneiro Este sábado, 2 de febreiro, Area Central celebrará un novo concurso infantil de disfraces no escenario principal, a partir das 18:00 horas. En medio dunha gran festa infantil, irán desfilando cada un dos rapaces apuntados para optar a conseguir como premio o último en videoconsolas e aparellos de música. Area Central valorará os traxes máis orixinais, espectaculares e vistosos.
Dacordo coas bases, premiaranse as tres mellores caracterizacións individuais na categoría alevín (ata os 8 anos), as dúas mellores na categoría infantil (de 9 a 12 anos) e, de existir suficientes conxuntos en concurso, a mellor parella e o mellor grupo (ata os 12 anos).
Todos os nenos interesados en participar, poden obter máis información ou inscribirse no teléfono 981 560 845 ou na cabina de información de Area Central ata o mesmo día de celebración do concurso, o sábado 2 de febreiro ás 15:00 horas. Se o desexan poden tamén inscribirse enviando o seu nome/s, idade/s, disfraz (indicando se e individual, de parella ou de grupo) e un teléfono de contacto ao enderezo de correo electrónico marketing@acentral.com antes das 18:00 horas do venres 1 de febreiro.

 

area central centro comercial 2008