idioma: |

SANTIAGOSIETE ENTREGOU OS PREMIOS AO MELLOR DA CIDADE NO 2007, EN AREA CENTRAL

Santiago, 11 de febreiro. O xornal semanal e gratuíto SantiagoSiete celebrou o pasado venres, 8 de febreiro, en Area Central a entrega de premios a entidades, iniciativas e diferentes personalidades que resultaron elixidos polos seus lectores como o mellor do pasado ano na cidade. No transcurso da acto, o xerente de Area Central, Juan Carlos Losada, recolleu o premio da mellor iniciativa de 2007 polo concurso Top Model Area Central.

Ao acto, presentado polo mago Xacobe, acudiron, entre outros, o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, así como o director teatral Quico Cadaval e o presidente do equipo de fútbol sala Autos Lobelle, José Antonio Lobelle.

Os lectores de Santiago Siete elixiron o mellor de 2007 cubrindo unha enquisa publicada no xornal que tiñan que depositar nunha urna ubicada na cabina de información de Area Central. Ao final da entrega de premios, sorteáronse varios agasallos entre os lectores participantes nesta enquisa.

area central centro comercial 2008