AREA CENTRAL E SANTIAGOSIETE
ANIMARÁN AS TARDES DOS SÁBADOS CON CLASES DE BAILE E MOVIDAS
COREOGRAFÍAS
Santiago,
12 de febreiro. – Este sábado, 16 de febreiro,
e ata o 15 de marzo, dará comezo en Area Central o proxecto “Escola
de baile”, organizado polo xornal semanal e gratuíto Santiagosiete
e o complexo comercial. Esta iniciativa buscará animar as tardes
dos sábados con clases de baile e movidas coreografías
grupais, a través de divertidas sesións impartidas por
monitores da escola de baile Sons, de Santiago de Compostela.
Esta acción desenvolveranse en Area Central a partir das seis
da tarde todos os sábados: dende o 16 de febreiro ata o 15 de
marzo. Durante case dúas horas varios monitores profesionais
encargaranse de animar a todos os visitantes de Area Central a que se
apunten a bailar e aprender movidas coreografías grupais modernas
e alegres con variados estilos de música. Os bailes serán
sinxelos e fáciles de lembrar para que todo aquel que quiera
participar poida facelo, sen necesidade de ter coñecementos anteriores.
Os estilos de música que ensinarán os monitores da actividade
serán salsa, batuka ou bachata, entre outros.
A maiores das sesións de clase, tanto o día de inauguración
como de clausura da campaña os monitores da escola de baile Sons
farán dúas actuacións especiais.
Todas as actividades de febreiro en Area Central poden consultarse
na programación mensual.
|