idioma: |

OS REPRESENTANTES DO PARTIDO POPULAR REÚNENSE CON DIRECTIVOS DE AREA CENTRAL

Santiago, 22 de febreiro de 2008 - Os representantes da xunta directiva de Area Central reuníronse hoxe co grupo popular municipal, liderado por Gerardo Conde Roa, para transmitirlle as súas preocupacións sobre varios temas da cidade, como o colapso de tráfico no periférico e na AP-9 ao seu paso por Santiago.

Os representantes de Area Central, encabezados polo seu presidente, Alberto Pérez, e o xerente, Juan Carlos Losada, sinalaron a necesidade de crear un terceiro carril tanto no periférico como en dita autoestrada para evitar os atascos, problema que indican “aumentará considerablemente coa chegada dun novo centro comercial na zona”. En relación con isto, os directivos de Area Central aproveitaron a ocasión para reiterar a súa preocupación pola instalación desta competencia directa “a escasos metros de Area Central”.

Nesta reunión tamén se falaron de temas referidos ao sector comercio, como a lexislación en tema de horarios comerciais e aperturas en días festivos e a situación do pequeno comercio en Santiago de Compostela.

A esta reunión, celebrada a partir das 12:00 horas en Area Central nun ambiente distendido, Conde Roa acudiu acompañado de Ricardo García Borregón e Mª Jesús Sainz. Area Central estivo representada polo seu presidente, o xerente e o vicepresidente, Juan Luis Ramil.

 

area central centro comercial 2008