CHEGA A AREA CENTRAL A
III FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO
Santiago, 25 de marzo de 2008 –
Os vindeiros días 28, 29 e 30 de marzo Area Central acollerá
a terceira edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego,
na que as editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía
Edicións e Edicións A Nosa Terra exporán as súas
últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades
paralelas para os rapaces, como obradoiros de ilustración e contacontos.
Ao longo destes tres días Area Central convertirase na sede
das letras galegas dirixidas aos máis pequenos con este evento
no que tamén colabora o Consorcio Editorial Galego e que se enmarca
dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional do Libro
Infantil e Xuvenil, que se conmemora o 2 de abril.
Deste xeito, ao longo desta fin de semana as persoas que se acheguen
as rúas do complexo comercial poderán visitar os postos
de venda de libros pertencentes as tres editoriais colaboradoras, ademais
de participar nas actividades paralelas dirixidas aos máis novos,
entre as que destacan presentacións de libros, obradoiros de
ilustración, sesións de contacontos e obras de teatro
infantil.
Velaquí o programa desta terceira edición da Feira do
Libro Infantil e Xuvenil Galego:
Venres, 28 de marzo
12:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.
18:00 h. Inauguración oficial da feira por parte das personalidades
das distintas administracións, representantes das editoriais
e de Area Central.
18:10 h. Obradoiro infantil: O autor do libro, Anxo Fariña fará
un obradoiro creativo de contacontos e ilustración co seu libro
O LADRÓN DE PALABRAS. Sinatura de exemplares.
19:00 h. Contacontos: Fátima Fernández fará unha
sesión de contacontos arredor do libro de Baía Edicións,
ALFOMBRIÑA.
19:30 h. Presentación das novas aventuras do cabalo Branco de
Cores: A REBELIÓN DAS RÚAS e HORA DE COMER. Pere Tobaruela,
Ana Boullón e Miguel Vila Pernas, autores dos novos libros desta
colección de Sotelo Blanco Edicións farán un obradoiro
de animación á lectura e asinarán libros.
22:00 h. Peche xornada feira.
Sábado, 29 de marzo
10:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.
17:30 h. Contacontos: Abraham Carreiro fará unha sesión
de contacontos arredor do libro OS CONTOS QUE LEN OUTROS NENOS DO MUNDO
publicado por A Nosa Terra.
18:00 h. Obradoiro infantil de animación á lectura.
19:00 h. Contacontos: X. H.Rivadulla Corcón, autor do libro
de Sotelo Blanco Edicións, fará unha sesión de
contacontos arredor do seu libro sobre a natureza O SORRISO DE CLAUDIA.
Sinatura de libros.
22:00 h. Peche xornada feira.
Domingo, 30 de marzo
11:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.
18:00 h. Teatro Infantil. Representación da obra MARIO, a cargo
da compañía de teatro MATAPIOLLOS.
20:00 h. Clausura da III Feira do libro Infantil e Xuvenil Galego.

|