idioma: |

ÁFRICA SUBSAHARIANA PROTAGONIZA UNHA EXPOSICIÓN DE CRUZ VERMELLA EN AREA CENTRAL

Santiago, 15 de abril de 2008 –África subsahariana é o eixe central dunha exposición que Cruz Vermella ten exposta en Area Central dende o pasado martes 8 e que estará ata o 22 de abril na esquina verde do complexo comercial. Baixo o título "África cotiá", esta mostra busca reflectir como as persoas, as familias e as comunidades de África subsahariana afrontan con dignidade a súa vida diaria, coas súas dificultades e os seus logros, querendo transmitir unha imaxe real pero en positivo da situación dos seus habitantes.

A mostra, que consta de seis núcleos temáticos, presenta os problemas e situacións reais que viven os habitantes de África subsahariana e as solucións que a xente propón. A auga, a alimentación e a agricultura, o saneamento, a muller como axente de desenvolvemento, a infancia e a súa educación e as enfermidades que se poden previr como a SIDA, tuberculose e malaria son os temas a tratar no material exposto.

Dentro das actividades relacionadas con esta exposición de Cruz Vermella, este sábado, 19 de abril, a partir das 18:00 horas, o grupo de mulleres caboverdianas Batuko Tabanka achegará a música africana a Santiago con esta actuación en Area Central que, de seguro, fará disfrutar a todos os visitantes e clientes do complexo comercial.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visita a programación mensual.


 

area central centro comercial 2008