AREA CENTRAL REPITE COMO PUNTO DE SAÍDA DA VOLTA CICLISTA DA ASCENSIÓN
Santiago, 28 de abril de 2008 - A Praza de Europa de Area Central será de novo o punto de saída da edición deste ano da Volta Ciclista da Ascensión, que se celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio. Paralelamente a esta competición ciclista, organizada pola Fundación Compostela Deporte e a Federación Galega de Ciclismo, instalaranse na praza de Area Central durante estes tres días varias carpas nas que se desenvolverán multitude de actividades e probas dirixidas a todos os rapaces, entre as que destacan partidos de fútbol, de minibasket ou tenis de mesa. Tamén haberá outras actividades como hinchables, un circuíto vial para bicicletas ou un scalextric xigante.
O horario destas actividades será o xoves e o venres de 11:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas e o sábado de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
Todas as actividades de maio de Area Central podes consultalas na programación mensual. |