idioma: |

LUCÍA ESPIÑO E RUDY LAMAS, GAÑADORES DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago, 12 de maio de 2008 - A moza de 19 anos e natural de Sobrado dos Monxes, Lucía Espiño, e Rudy Lamas, de 27 anos e procedente do concello de Ames, resultaron vencedores o pasado sábado, 10 de maio, da sétima edición do concurso Top Model Area Central, o que lles convirte na nova imaxe do complexo comercial durante un ano.
O xurado, composto por directivos do complexo comercial e representantes de diferentes medios de comunicación e que contou coa participación estrela da xornalista Lydia Lozano, elixiu como primeiros finalistas á estudante santiaguesa de 19 anos, Carla Taboada, e ao mozo de Muxía, Xaquín Castro. Ademais e ao igual que os gañadores e os segundos clasificados, Roberto Casal e Carla Lorenzo tamén realizarán un book fotográfico e recibirán un curso de modelaxe na axencia de modelos de Dolores Couceiro.
    
No transcurso dun gran espectáculo musical, a gala, conducida por Álvaro Veiga, contou coa participación de 29 concursantes candidatos (15 chicas e 14 chicos) que desfilaron con roupa e complementos de Don Vaquero, Surf Factory-Persuasión, Araújo Piel e Toxo.
    
A gala final de Top Model Area Central contou cun amplo seguemento, reunindo a centos de persoas nos corredores da planta baixa e da planta primeira do centro comercial que non quixeron perderse a oportunidade de vivir en directo a elección dos gañadores do concurso, Lucía Espiño e Rudy Lamas, que veñen a sustituír a Sandra González e Pietro Ditano, vencedores da pasada edición de Top Model Area Central.

area central centro comercial 2008