idioma: |

A "IV EXPOSICIÓN DE BONSÁI E SUISEKI CIDADE DE SANTIAGO" CELÉBRASE ESTA FIN DE SEMANA EN AREA CENTRAL

Santiago, 19 de maio de 2008 - Os próximos días 24 e 25 de maio Area Central acollerá a cuarta edición da "Exposición de Bonsái e Suiseki Cidade de Santiago", cita organizada en colaboración coa Asociación Cultural Bonsái Coruña e xa consolidada como a máis importante mostra que se celebra en Galicia sobre estas dúas artes orientais.
Como nos anos anteriores, ademais da selección de suisekis -pedras ornamentais- e bonsáis, os visitantes de Area Central poderán asistir a varias demostracións sobre a formación e modelado destas plantas de man de grandes expertos na materia. A edición deste ano contará ademais cunha pequena mostra de cerámica do escultor Iñaki Tellería e unha charla-coloquio sobre a devandita actividade.
Serán dous días nos que os interesados poderán apreciar un grande número de bonsáis elaborados a partir de diferentes especies de árbores, ademais de coñecer máis de preto este mundo a través dun servizo de consultoría permanente no que os visitantes poderán expoñer as súas dúbidas e curiosidades aos membros da Asociación Cultural Bonsái Coruña.

O programa da "IV Exposición de Bonsái e Suiseki Cidade de Santiago" é o seguinte:

Sábado, 24 de maio
10.00 a 10.15 horas: Inauguración da exposición. Visita guiada.
10.15 a 11.00 horas: Presentación da cerámica para bonsái de Iñaki Tellería. Charla coloquio.
11.00 a 13.30 horas: Demostración simultánea a cargo de varios membros da Asociación Cultural Bonsái Coruña. Ao finalizar, as árbores traballadas sortearanse entre o público asistente.
17.00 a 20.00 horas: Demostración da formación dun bonsái a cargo de Juan Liñares e Alberto Baleato.
21.00 horas: Peche da xornada.
Domingo, 25 de maio

10.00 horas: Apertura da exposición.
11.00 a 14.00 horas: Obradoiro e servizo de consultoría para todos os afeccionados que desexen traer as súas propias árbores.
17.00 a 20.00 horas: Demostración da formación dun bonsái a cargo de Marcial Campos e Leo Branco.
21.00 horas: Clausura da "IV Exposición de Bonsái e Suiseki Cidade de Santiago".

Todas as actividades de maio de Area Central podes consultalas na programación mensual.

area central centro comercial 2008