“VEN COIDAR A NOSA NATUREZA CON CLAUDIA”, EN AREA CENTRAL

Santiago, 2 de xuño de 2008 - A Fundación Sotelo Blanco e Area Central, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, poñen en marcha un novo proxecto para animar as tardes de tres sábados de xuño centrado en concienciar aos máis pequenos da casa, a través de representacións de teatro, animacións e contacontos, da importancia de coidar e respetar o medio ambiente.
A campaña desenvolverase os sábados 7, 14 e 21 de xuño ás sete da tarde nunha zona acotada nos corredores do centro comercial na que varios animadores profesionais interactuarán cos rapaces para que, dun xeito divertido, poidan comprender a través de diferentes actividades, a necesidade de preservar a natureza e a importancia dos espazos protexidos, así como do coidado dos animais, prantas e árbores. Esta acción está baseada no libro de Andrés Meixide O sorriso de Claudia, de Sotelo Blanco Edicións, exemplar que se repartirá entre os participantes ao finalizar cada sesión.
O programa deste proxecto é o seguinte:
- Sábado, 7 de xuño, ás 19:00 horas: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia e obradoiros sobre a conservación da natureza.
- Sábado, 14 de xuño, ás 19:00 horas: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia e obradoiros sobre os espazos protexidos e parques naturais.
- Sábado, 21 de xuño, ás 19:00 horas: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia e obradoiros sobre as especies animais protexidas.
Todas as actividades de maio de Area Central podes consultalas na programación mensual.
|