AS MELLORES MARCAS EN ROUPA INTERIOR NUN NOVO ESTABLECEMENTO EN AREA CENTRAL
Santiago, 20 de agosto de 2008 Área Interior, un novo establecemento que recentemente abriu en Area Central, busca ofrecer aos clientes do centro comercial as mellores marcas con recoñecido prestixio internacional en roupa interior. Abanderado, Princesa, Unno ou Wonderbra, entre outras, pertencentes ao Grupo DBA, reúnense nun único espazo e configuran a súa aposta máis recente baixo a enseña Área Interior.
Este local, situado no L-9-F, na esquina verde da planta baixa, convértese nun novo espazo de Area Central onde poder mercar a roupa interior de toda a familia. O cliente de Área Interior atopará unha ampla gama de produtos e unha inmellorable relación calidade-prezo coas súas marcas de sempre, ademais de asistencia persoal e unha oferta actual e en constante renovación.
|