AREA CENTRAL PREPARADA PARA A CAMPAÑA DE “VOLTA Ó COLE”
Santiago, 5 de setembro de 2008 Area Central ten preparada xa as súas actividades enmarcadas dentro da súa tradicional campaña de benvida ao ano escolar “Volta ó cole”, cun programa que inclúe un desfile de moda infantil para que os establecementos do centro comercial poidan amosar aos seus visitantes as súas propostas e últimas tendencias para a tempada outono-inverno.
Ademáis deste desfile de moda, que terá lugar no escenario principal o sábado, 27 de setembro desde as 19:30 horas, Area Central ten preparada para o sábado 20, tamén as 19:30 horas, un divertido espectáculo musical dirixido aos máis pequenos no que poderán disfrutar cos bailes e cancións que más lles gustan en compañía de varios animadores disfrazados das súas mascotas preferidas.
Asimesmo, os establecementos de Area Central teñen xa todo listo para celebrar a chegada do colexio cos seus clientes, para que poidan equipar aos seus fillos con todo o necesario aos mellores prezos.
Atoparás máis información sobre as actividades de Area Central na súa programación mensual.
|