AREA CENTRAL CELEBRA O SEU I MARATÓN BENÉFICO CICLO INDOOR
Santiago, 14 de outubro de 2008 Area Central acollerá na tarde deste sábado, 18 de outubro, o I Maratón Benéfico Ciclo Indoor Area Central, unha actividade lúdico-deportiva de carácter benéfico que porá á disposición dos participantes unha trintena de bicicletas estáticas co obxectivo de acadar a maior distancia virtual andada. O percorrido acadado transformarase nunha cantidade de diñeiro que se donará á Fundación Down Compostela
Esta actividade, que comezará ás 16.30 horas ata as 21.00 horas na esquina vermella do centro comercial, contará cun equipo de animadores que se encargarán de alentar aos participantes neste evento orixinal e divertido, que aúna o carácter deportivo co benéfico.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visita a programación mensual.
|