idioma: |

15º ANIVERSARIO DE AREA CENTRAL, DO 31 DE OUTUBRO AO 9 DE NOVEMBRO

Santiago, 24 de outubro de 2008 Area Central anima a todos os seus visitantes e clientes a celebrar o seu quince aniversario con dúas exposicións sobre o mar, o campionato do circuíto mundial de squash “Trofeo Concello de Santiago”, variadas actividades lúdicas e outros eventos que se desenvolverán dende o 31 de outubro ao 9 de novembro.

Para celebrar este aniversario, Area Central ten un programa de actividades moi completo que abrangue o aspecto cultural, lúdico e deportivo. Area Central instalará nos seus corredores a exposición "A pesca artesanal en Galicia", mostra que fará que o ambiente mariñeiro inunde o centro comercial coa instalación de cinco embarcacións representativas da pesca tradicional galega acompañadas de todos os apeiros necesarios para saír ao mar a pescar. Completando estes exemplares de pesca tradicional, os usuarios do centro comercial gozarán da exposición de fotografía submarina "Fondos da Ría", que reúne 60 imaxes tomadas nos fondos da Ría de Arousa e que captan a beleza da profundidades mariñas.

A actividade deportiva virá marcada polo campionato do circuíto mundial de squash "Trofeo Concello de Santiago" que acollerá o complexo comercial dende o 3 ao 8 de novembro, coa participación dos mellores xogadores masculinos e femininos do mundo nesta disciplina.

Dentro das actividades lúdicas, Area Central ten organizadas para as dúas fins de semana que abrangue o seu aniversario bonitos espectáculos de estatuas humanas e actuacións de mimos para todos os públicos, que tratarán de sacarlles un sorriso a todos os visitantes do centro comercial. Por último, os pequenos da casa seguirán tendo como baza fundamental para a súa diversión a campaña lúdico-didáctica de fomento do galego "Tardes coas aventuras de Paco Peco”, con contacontos, obradoiros de ilustración e reparto de moitos libros e camisetas.

Se quere ter máis información sobre estas actividades, visite a programación do 15º aniversario de Area Central.


area central centro comercial 2008