idioma: |

¡CELEBRA O NADAL EN AREA CENTRAL!

Santiago, 24 de outubro de 2008 Este xoves 27 de novembro Area Central dará comezo a súa campaña de Nadal cun amplo programa de actividades composto por preto de trinta eventos diferentes e un total de setenta actividades lúdicas e de animación que se desenvolverán en 40 días continuados, dende o 28 de novembro ata o 5 de xaneiro de 2009.

Area Central encherá todos os días da campaña de Nadal cunha variada oferta de actividades nas que, como é lóxico, os máis pequenos da casa serán os grandes protagonistas. O programa de Area Central para este Nadal está formado por actividades infantís, obras de teatro, obradoiros de ilustración, contacontos, sesións de maxia, un campionato de futbolín, partidas de videoxogos gratuítas, actuacións musicais, animacións itinerantes e a visita máis esperada nestas datas: a de Papa Noel, que estará todos os días en Area Central. Ademais, hai que resaltar o evento convertido xa nun clásico, como é o tradicional sorteo das 101 cestas de Nadal, que terá lugar no escenario principal o sábado 20 e o domingo 21 a partir das 19:00 horas.

Para ter máis información sobre as actividades de Nadal de Area Central, visite a programación mensual.


area central centro comercial 2008